O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou hoxe o colexio público de Paradela para supervisar as actuacións que se están a realizar nos seus exteriores, como a zona axardinada e o parque infantil. Na visita tamén estivo presente a alcaldesa do municipio, Montserrat Mulet.
Este obradoiro, que comezou en xuño e rematará en febreiro do próximo ano, conta con 20 prazas e dúas especialidades: urbanización e conservación e mellora de montes. Ademais das melloras no colexio de Paradela, tamén se acondicionarán os miradoiros de Adega dos Penegos, Cabo de Vila e Santa Marta, así como a parcela do mercado municipal.
O proxecto tamén inclúe intervencións nos concellos de Láncara, onde se acondicionará o paseo do ferrocarril, e en Samos, onde se rehabilitarán fontes, beirarrúas e se realizarán obras de mantemento no colexio.
Alfonso Villares destacou o dobre obxectivo destes obradoiros: ofrecer formación práctica e emprego a persoas desempregadas, á vez que se atenden necesidades reais dos municipios con actuacións que benefician directamente o territorio.




