A formación musical da comarca será a encargada de amenizar o evento, que terá lugar o vindeiro domingo. Baixo a dirección do profesor Manuel Montero, interpretaranse pezas de tradición oral, xotas, alboradas e o pasodobre Carpio, entre outras.
“"Recuperar datas tan importantes como esta, facendo así que os nosos gandeiros e agricultores poidan desfrutar da música de banda no día de celebración do seu patrón."
As celebracións comezarán o sábado coa terceira proba oficial puntuable da Copa Galicia de morfoloxía de cabalos e eguas, organizada pola asociación Pura Raza Cabalo Galego. A xornada incluirá tamén unha exhibición de doma a cargo de Galicia Dragóns de Santiago.
O domingo, como novidade, celebrarase un concurso de destreza con tractor e remolque. Os participantes deberán superar un circuíto con probas técnicas como slalom en marcha atrás, xiros en L e circulación entre conos, avaliando a súa precisión e control. As mangas están programadas para as 12:30 horas e as 17:00 horas.
“"Este tipo de actividades poñen en valor o rural e o coñecemento práctico."
“"É unha iniciativa pensada para pasalo ben, pero tamén para demostrar que levar un tractor con remolque ten moito máis mérito do que parece."




