Os feitos tiveron lugar en Fonteabuín, onde o individuo cortou o subministro eléctrico da finca e da vivenda cunha ferramenta tipo radial. Posteriormente, forzou a porta corrediza do peche perimetral para acceder ás instalacións e subtraer a maquinaria.
Tras unha exhaustiva inspección ocular, a realización de diversas pescudas, entrevistas a testemuñas e outras xestións, os axentes da Garda Civil lograron identificar o presunto autor dos feitos. Tamén se puido determinar o seu modus operandi e os medios empregados para cometer o delito.
Finalmente, procedeuse á imputación dun residente de Caldas de Reis como suposto autor do roubo. Ademais da subtracción da carretilla elevadora, o ladrón causou danos na propiedade por un valor estimado de 2.000 euros. O investigado foi posto a disposición do tribunal de instancia, sección de instrución, praza 1 de Sarria.




