A xornada deportiva, que tivo lugar nas instalacións sarriás, congregou aos mellores talentos xuvenís da comunidade, xa que para participar era necesario cumprir cun hándicap de acceso específico. A competición resultou ser moi disputada, con ata tres desempates que demostraron o alto nivel dos xogadores.
Na categoría absoluta, Goa Barranco, procedente de Lugo, impúxose cun resultado de 3 baixo par, tras vencer no play-off a Martín Docabo, quen tamén acadara a mesma puntuación. Na categoría cadete, a vitoria foi para Blanca Núñez, mentres que Mateo Tembrás quedou como subcampión. En infantil, Goa Barranco repetiu triunfo, seguido de Martín Docabo.
Os gañadores nas categorías máis novas foron Mateo Botana en alevín, con Martín Gancedo no segundo posto, e Beltrán Franco en benxamín, quen superou a Leo Rey. Ambas as dúas categorías tamén se decidiron mediante play-off, subliñando a igualdade e emoción do torneo.
Foi unha xornada moi reñida, con ata tres desempates, e uns resultados excelentes.
A entrega de premios contou coa presenza de destacadas figuras do golf galego, como Diego Portela, presidente do Comité de Regras da Federación Galega de Golf, e José Horacio López, presidente da entidade anfitrioa, o Club de Golf El Pilar.




