A Asociación Cultural Rúa da Música trae unha nova edición do seu emblemático Festival Garitosis, unha cita musical completamente gratuíta que se celebra esta fin de semana.
A xornada musical arrincará coa Sesión Vermú, que contará cos ritmos da Orquesta Paraguayo. O prato forte da tarde será a enerxía de Festicultores Troupe, xunto coas bandas Cool Flanders e Dreams of Dolly Sheep.
Para aqueles que desexen prolongar a festa, a noite do sábado acolle o evento Esmorga Total na Terraza O Meigallo, dende as 20:00 h ata ben entrada a madrugada. O cartel desta noite inclúe a Grande Amore e Eladio y los Seres Queridos.
Ademais, presentaranse propostas emerxentes como Apolo 18 e unha colaboración especial entre a histórica asociación cultural de Sarria Meigas e Trasgos e o DJ e produtor Javier LG (JLG Music).
Ao longo de toda a xornada, o DJ Tristón amenizará os intermedios entre concerto e concerto.




