A sorpresa produciuse a través da rede social Instagram, onde a integrante do dúo Eurythmics comentou unha publicación do músico galego. O vídeo promocionaba o concerto que Abraham Cupeiro ofrecerá o vindeiro mes de outubro na catedral de Mondoñedo.
A artista, que conta con máis dun millón de seguidores na súa conta oficial, non dubidou en deixar o seu comentario tras escoitar a peza musical. O músico sarriao, pola súa banda, recoñeceu que o xesto da cantante lle fixo moita ilusión, nun momento no que a súa carreira está a gañar unha importante proxección internacional.
“"Fíxome ilusión, a verdade."
O éxito de convocatoria para a cita en Mondoñedo foi tal que as entradas para a primeira data esgotáronse en menos dunha semana, o que obrigou a abrir unha segunda sesión para o día 18 de outubro. As localidades atópanse dispoñibles a través da plataforma ataquilla.com.
Máis aló desta cita, o músico ten confirmada unha axenda internacional que o levará a actuar en Brasil o próximo 11 de novembro e nos Estados Unidos o 10 de decembro. Antes destas viaxes, Abraham Cupeiro participará na celebración do Arde Lucus en Lugo o día 21 de xuño.




