A rexedora, acompañada polos concelleiros de Deportes, Gelucho Gómez, e de Relación Veciñais, Juan Cerqueiro, eloxiou o traballo e o tesón de Pereira Pola, destacando a esixencia da disciplina do culturismo, tanto na actividade física como na alimentación e o descanso.
Durante o encontro, interesouse polos próximos pasos do deportista tras anunciar a súa retirada e animouno a seguir sendo un referente para outros moitos deportistas.
Miguel Pereira Pola posúe un palmarés que inclúe sete campionatos mundiais, nove títulos nacionais e un Míster Universo, recoñecementos que avalan o seu esforzo e a súa figura no mundo do culturismo.
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12.00 horas, no Salón de Plenos.




