A proposta, que contou cos nove votos a favor do Partido Popular e a abstención dos grupos da oposición (PSOE, BNG e PXCT), salienta a traxectoria de persoas destacadas nos eidos da medicina, a comunicación, a historia, a cultura e a arte.
A alcaldesa subliñou o labor dos homenaxeados, que son referentes nacionais nas súas respectivas áreas e que, no caso da asociación, se dedican á protección do patrimonio cultural máis antigo, como é a arte rupestre. Todos os distinguidos son veciños de Teo e foron considerados merecedores desta distinción pola súa achega á sociedade, mellorando as necesidades da cidadanía, ampliando campos de investigación, difundindo coñecementos técnicos e protexendo bens culturais de gran valor histórico.
O nomeamento de fillo adoptivo e a mención de honra fundaméntanse no Regulamento de condecoracións do Concello de Teo, publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 274 do 28 de novembro de 1998, en concordancia cos artigos 190 e 191 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF).




