Durante unha visita ás instalacións dunha produtora galega en Teo, Blanco enxalzou o dinamismo do sector, que considera un motor para a economía e a cultura. Acompañárono representantes da produtora, quen destacaron a traxectoria da compañía como exemplo de innovación e compromiso con Galicia.
“"Investir en cultura é investir no noso país."
O delegado do Goberno reafirmou o apoio do executivo central ao sector, lembrando que nos dous últimos anos se destinaron máis de 11,2 millóns de euros en axudas para a creación e produción audiovisual en Galicia. Ademais, informou da apertura da convocatoria de axudas para o ano 2026, que contará cun orzamento superior aos 62 millóns de euros, sete máis que na convocatoria anterior.
O Ministerio de Cultura continúa traballando para fortalecer a cadea de valor e a competitividade da industria audiovisual galega, apoiando proxectos innovadores que xeren emprego. O obxectivo é que Galicia non só manteña a súa posición de referencia, senón que a amplíe, aproveitando a capacidade, o talento e a vontade política existente para acompañar este crecemento.




