O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, acompañado pola directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas, destacou que esta iniciativa, que xa sumou 1.500 persoas de 39 nacionalidades desde a súa posta en marcha, reforza a súa aposta pola integración social da poboación inmigrante.
García sinalou que para o vindeiro ano 2027 está prevista a realización de 150 novas propostas formativas, co obxectivo de chegar a máis de 2.000 persoas nacidas fóra da Comunidade, en colaboración con concellos e entidades como Cáritas Federadas Galicia, Cáritas Diocesana Lugo ou Cruz Vermella.
No curso específico impartido en Santiago, que se desenvolveu desde o pasado 14 de setembro, participaron 25 persoas procedentes de países como Arxelia, Arxentina, Brasil ou Colombia. O secretario xeral animou os asistentes a continuar na súa aprendizaxe para "converterse en novos galegofalantes".
O curso está estruturado en cinco unidades temáticas que integran contidos de fonética, gramática, léxico útil e aspectos culturais, co fin de facilitar unha aprendizaxe gradual e conectada coa realidade galega. Ademais, existen materiais en liña descargables de balde no Portal da Lingua.




