A publicación, coeditada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e a Editorial Galaxia, ofrece a biografía "máis actualizada ata o de agora" sobre a vida de Piñeiro, quen foi secretario político do Partido Galeguista, director literario de Galaxia, filósofo e presidente do Consello da Cultura Galega.
García sinalou a importancia de "ter presente a figura de Ramón Piñeiro", home que "non só se deixou modelar polo seu tempo, senón que co seu traballo continuado e desinteresado contribuíu a modelar a Galicia que lle tocou vivir e puxo os alicerces da actual".
“"A batalla do futuro. Unha biografía de Ramón Piñeiro"
A autora, a investigadora Beatriz García Turnes, recolle nesta publicación novidades e achados recentes sobre a figura do galeguista, froito de estudos centrados na literatura, a política, a sociolingüística e o pensamento galegos, que permiten comprender mellor a súa vida e as súas ideas.




