O programa, que conta coa colaboración da USC a través do programa USC Emprende, céntrase na aprendizaxe sobre emprendemento na era da Intelixencia Artificial, avaliando a validación e o impacto social dos proxectos. A formación terá unha duración de 12 semanas e busca converter ideas en proxectos rendibles e solucións innovadoras.
Os participantes terán a oportunidade de conectar cunha comunidade internacional de emprendemento composta por 13 países. As persoas interesadas, que poden inscribirse de forma individual ou en equipo, deben presentar a súa candidatura a través da plataforma Santander X ou nos Campus de Santiago de Compostela e Lugo.
En Santiago de Compostela, a coordinadora é Sabela López Figueiras, e o Explorer Space atópase no Edificio Emprendia. No Campus Terra de Lugo, a coordinadora é Patricia González Alonso, e o espazo está situado na Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE). Estes Explorer Space ofrecen ferramentas para a incubación e formación, tanto presencial como virtual, co apoio da Xunta de Galicia.




