A cerimonia de investidura tivo lugar este sábado na sede da Academia, nun acto que contou coa presenza de autoridades académicas como a vicerreitora de Ordenación Académica e Oferta Formativa, Reyes Laguna Francia, e o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Jose Martin Carreira Villamor.
Arroupado por numerosos compañeiros e compañeiras do ámbito universitario e da Unidade de Odontoloxía para pacientes con necesidades especiais da USC, o profesor Diz pronunciou un discurso no que subliñou a importancia da equidade asistencial para colectivos vulnerables, como os pacientes medicamente comprometidos.
A incorporación dos dentistas ao medio hospitalario e a ampliación das prestacións que oferta o servizo público de saúde.
No seu relatorio, tamén avogou pola integración dos profesionais da odontoloxía no ámbito hospitalario e pola expansión dos servizos que ofrece a sanidade pública.




