A titular de Economía e Industria mantivo un encontro de traballo co presidente da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), Eduardo Abad, onde se abordaron os principais desafíos aos que se enfronta o tecido produtivo da comunidade.
Durante a reunión, Lorenzana subliñou o papel fundamental da innovación e de tecnoloxías como a IA para conseguir un tecido produtivo máis competitivo. Tamén anticipou as novas liñas estratéxicas da Consellería, enfocadas a pemes e startups, co obxectivo de favorecer a tradución de solucións tecnolóxicas en actividade empresarial, investimento, crecemento económico e emprego de calidade.
Pola súa banda, Abad trasladou á conselleira as dificultades que os sectores económicos están a experimentar, en parte debido ao encarecemento enerxético que afecta aos negocios.




