A Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi a vencedora dos XXXVII Xogos Galaico Durienses, unha competición que tivo lugar nas instalacións deportivas (Elviña e Zapateira) da Universidade de A Coruña. A vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, participou na entrega de trofeos.
A expedición compostelá liderou a clasificación xeral por universidades con 20 puntos. Superou á Universidade do Porto (18 puntos) e ás universidades da Coruña e Vigo, que empataron a 14 puntos. A Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro quedou con 9 puntos e a do Minho con 7.
Este resultado reafirma o bo momento da USC no deporte universitario. Os Xogos Galaico Durienses reúnen anualmente as principais institucións académicas de Galicia e do norte de Portugal.
Nesta edición, as modalidades deportivas incluíron voleibol, fútbol 7, pádel e baloncesto 3x3.




