Efitransa e Kässbohrer prevén fabricar vehículos especiais no Porriño

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, coñeceu o proxecto 'Industruck Global' que une tecnoloxía galega e capacidade industrial europea.

Efitransa e Kässbohrer prevén fabricar vehículos especiais no Porriño

Xunta de Galicia · 2026-11-19

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe en Santiago de Compostela con representantes de Efitransa e Kässbohrer para coñecer o seu novo proxecto industrial de fabricación de vehículos especiais de transporte e compoñentes que prevén instalar no Porriño.

A iniciativa, denominada Industruck Global, centrarase no rediseño, fabricación e comercialización de vehículos polivalentes, vehículos de carga e estruturas para a industria do transporte. Este proxecto combina a tecnoloxía desenvolvida en Galicia pola empresa galega Efitransa coa capacidade industrial e comercial do grupo europeo Kässbohrer.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (19/11/2026)