Por resolución do Concelleiro-delegado de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local do pasado 15 de setembro do 2026, aprobanuse a convocatoria para cubrir este posto clave no Concello.
As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes por vía electrónica. A xestión está dispoñible a través do procedemento específico de "Provisión de postos de traballo por libre designación" na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela.
O prazo para a presentación de solicitudes é de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.




