O prazo para presentar candidaturas a este certame, que busca recoñecer traballos sobre os cereais e os seus produtos derivados, estará aberto ata o vindeiro 20 de outubro.
Concederanse tres premios: 1000 euros para o primeiro clasificado, 500 euros para o segundo e 250 euros para o terceiro, ademais dun diploma acreditativo para cada un deles.
As solicitudes deberán presentarse a través do rexistro electrónico da USC.
Os criterios de valoración terán en conta a orixinalidade do traballo (25%), as novidades achegadas ao coñecemento dos temas estudados (25%), a actualidade e calidade da metodoloxía (25%) e as calidades formais dos textos, incluíndo a redacción, a estrutura da información e o aparato gráfico (25%).




