A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, presentou hoxe en Santiago de Compostela a obra gañadora do certame Xuventude Crea 2025 na modalidade de novela curta, 'Nós, os tolos', escrita por Tania Castelao. A publicación conta co financiamento da Xunta de Galicia e foi editada pola editorial Xerais.
Durante o acto, celebrado na Cidade da Cultura, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou a obra como un exemplo da "calidade literaria emerxente existente en Galicia". Meneses puxo en valor iniciativas como o Xuventude Crea para dar a coñecer e difundir o talento xuvenil.
Lara Meneses felicitou á autora por ser "representativa do talento que atesoura a mocidade galego" e agradeceu a implicación de Xerais co certame, subliñando "o compromiso da industria cultural galega coa xente nova".
'Nós, os tolos', obra de Tania Castelao, natural de Mazaricos, foi a gañadora da edición do pasado ano do Xuventude Crea. O libro ofrece un retrato coral sobre a saúde mental a través dos ollos de Marta, unha terapeuta ocupacional que, xunto co seu equipo, é testemuña das historias que se agochan tras cada nome.




