Xunta e Concello dos Blancos invisten 170.000€ en humanizar espazos públicos

Renovarase e repavimentaranse as beirarrúas da travesía principal da localidade ao abeiro do Plan Hurbe.

Xunta e Concello dos Blancos invisten 170.000€ en humanizar espazos públicos

Xunta de Galicia · 2026-11-16

A Xunta de Galicia e o Concello dos Blancos colaboran na humanización de espazos públicos neste municipio cun investimento total de 170.215 euros. A intervención centrarase na renovación e repavimentado das beirarrúas da travesía principal da localidade.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asinaron hoxe o acordo de colaboración co alcalde, José Manuel Castro Blanco, para esta actuación que se desenvolverá ao abeiro do Plan Hurbe.
A intervención abordará a humanización dos espazos públicos nos Blancos nun ámbito de 2.000 m², coa renovación e repavimentado das beirarrúas ao longo da travesía principal. Realizarase en dous tramos específicos da estrada provincial ao seu paso polo núcleo municipal: dende o Centro de Saúde ata a Igrexa, e dende o Colexio ata o final da calzada principal.
O prazo de execución das obras estímase en catro meses. A Xunta asume o 70% do orzamento total (119.150,50€), e contratará e executará os traballos, mentres que o Concello dos Blancos achegará o 30% restante (51.064,50€).
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (16/11/2026)