A sesión, que comezará ás 11:30 h, contará coa participación de Cristina Marras, Directora de Investigación do Istituto Lessico Intellettuale Europeo e Storia delle Idee (ILIESI) do Consiglio Nazionale delle Ricerche (CNR) italiano e membro da directiva da Sodalitas Leibnitiana.
O traballo de Marras céntrase na filosofía de G. W. Leibniz, a metáfora e a pragmática do discurso científico e filosófico. No ámbito das Humanidades Dixitais, desenvolve modelos de organización do coñecemento, plataformas dixitais interoperables e proxectos interdisciplinares sobre plurilingüismo, linguaxes da investigación e contidos culturais vinculados ás migracións.




