Con motivo da celebración das Festas do Apóstolo, o transporte urbano reforza os seus servizos os días 25 e 26 de xullo.
O sábado 25, a liña 1 verase reforzada en horario de mañá ata as 15:00 horas. As saídas do cemiterio de Boisaca serán cada 20 minutos ata esa hora, e a partir das 15:00, cada 30 minutos. Dende o hospital Clínico, as saídas tamén serán cada 20 minutos ata as 15:00, prolongándose pola rúa de Amio ata o recinto feiral. O resto de liñas terán horarios de festivo durante todo o día.
O domingo 26, a liña C11 contará con pasos cada 20-25 minutos entre as 10:00 e as 14:45 horas. As demais liñas manterán o seu horario habitual de domingos e festivos.
Pódense consultar máis detalles sobre estes reforzos na páxina web de Tussa.




