As obras de mellora do firme na estrada AC-841, en Pontevea, requirirán a realización de traballos nocturnos durante a noite deste martes, 1 de setembro, e a do mércores, día 2.
Estas tarefas desenvolveranse en horario nocturno, entre as 20:00 e as 07:00 horas, para reducir a afectación aos usuarios da estrada. Durante a execución dos traballos, habilitarase un carril e tomaranse as medidas oportunas para garantir en todo momento a fluidez do tráfico e a seguridade viaria.
O horario previsto para hoxe, martes día 1 de setembro, será de 20:00 a 07:00 horas, afectando aos quilómetros 11.000 ao 11.500. O mércores día 2 de setembro, os traballos realizaranse no mesmo horario, pero nos quilómetros 2.500 ao 3.000.
Estas actuacións de acondicionamento do firme forman parte dun contrato máis amplo que inclúe a mellora doutras estradas autonómicas como a AC-543, AC-960 e a AC-261, ao seu paso polos municipios de Santiago de Compostela, Boqueixón, Touro, Teo, Ames, Rois, Lousame e Noia.
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia mobiliza este ano un investimento de 71,6 millóns de euros para a conservación das estradas da súa titularidade, co fin de reforzar a seguridade viaria e a mobilidade na comunidade.




