O Rosalía, campión da Copa Deputación tras gañar de novo en penaltis

O equipo alzou o seu segundo título consecutivo tras un emocionante encontro que rematou 4-4 contra o Arenteiro.

Imaxe xenérica dun balón de fútbol sobre herba cunha rede de meta desenfocada ao fondo.
IA

Imaxe xenérica dun balón de fútbol sobre herba cunha rede de meta desenfocada ao fondo.

O equipo do Rosalía alzou a súa segunda Copa Deputación consecutiva tras superar ao Arenteiro na quenda de penaltis (2-3), despois dun vibrante empate a catro goles.

A final da IV edición da Copa Deputación sénior feminina viviu unha xornada de moitos goles e emoción ata o último instante. A pesar das altas temperaturas, o encontro rematou 4-4, forzando a resolución desde os once metros, onde o Rosalía impúxose por 2-3.
O Arenteiro adiantouse cedo cun gol de Jaira, pero o Rosalía logrou igualar grazas a Sampayo. Antes do descanso, Candelita puxo o 1-2 para o Rosalía no tempo engadido, tras unha xogada pola banda dereita.
Ao comezo da segunda metade, Noui ampliou a vantaxe para o Rosalía (1-3), aproveitando unha descoordianción defensiva. Non obstante, o Arenteiro reaccionou con forza e en sete minutos igualou o marcador con tantos de Sara e Leti, establecendo o 3-3.

"A final de Copa decidiuse outra vez do noso lado. Ante tantísimo calor e un rival intenso, sabíamos que nos custaría ata o final. É unha boa festa do fútbol feminino e espero que todos a gozaran e que siga crecendo. Volvemos gañar nos penaltis, pero o Arenteiro é un rival fantástico para este tipo de competicións."

adestrador do Rosalía
O partido abriuse coas forzas xustas, e no tempo engadido, Leti puxo o 4-3 para o Arenteiro no minuto 94. Pero o Rosalía, no minuto 97, logrou o empate a catro grazas a un gol de Aldara nun saque de esquina, levando a final á quenda de penaltis.

"Foi unha final moi competida e con moitísima calor. Creo que foi unha final bonita para o público, sendo moi disputada e ao final, na lotaría dos penaltis, non nos beneficiou a nós, pero aínda así foi un bo partido. Elas marcáronnos dous goles no desconto, un na primeira parte, que nos caeu como un xarro de auga fría e o outro na segunda, minuto 97, e báixache un pouco a moral. Aínda así, estou moi contenta co xogo das miñas xogadoras."

técnica do Arenteiro
Na quenda de penaltis, a porteira do Rosalía, Karla, foi decisiva. Marcou o primeiro lanzamento e detivo outros dous, asegurando o segundo trofeo copero consecutivo para o seu equipo.