A intervención ten como obxectivo garantir a conservación de dous elementos singulares deste conxunto patrimonial, afectados polo paso do tempo, o uso continuado e as condicións ambientais.
Na porta principal da igrexa, os traballos permitirán corrixir desaxustes, reparar elementos de madeira deteriorados e restaurar as ferraxes e pezas de forxa, conservando os materiais orixinais.
Na porta interior da Capela do Cristo, recuperarase a parte inferior do cerramento, afectada por modificacións anteriores no pavimento, incorporando novos elementos de madeira de castiñeiro e reparando pezas danadas.
As portas serán retiradas para a súa restauración en taller e, unha vez rematados os traballos, volverán colocarse nos seus respectivos accesos.
Con esta actuación, o Consorcio de Santiago continúa impulsando intervencións destinadas á conservación e posta en valor do patrimonio histórico, artístico e arquitectónico da cidade, contribuíndo tamén á preservación dos oficios tradicionais de carpintería, forxa e restauración.




