O alumnado de Ames elixe en votación o menú de fin de curso

Os estudantes da rede municipal de comedores votaron a hamburguesa e o xeado como pratos principais para a despedida.

Imaxe dunha urna electoral nunha aula escolar.
IA

Imaxe dunha urna electoral nunha aula escolar.

O alumnado da rede municipal de comedores escolares de Ames participou nunha votación para elixir o menú de fin de curso que se servirá o próximo 18 de xuño.

O proceso electoral, que empregou as mesmas urnas que se utilizan nos comicios oficiais, permitiu aos estudantes decidir o segundo prato e a sobremesa da xornada. A opción gañadora para o prato principal foi a hamburguesa, mentres que o xeado de vainilla artesán foi o elixido para pechar a comida.
Esta iniciativa desenvólvese nos centros CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEP de Ventín, CEIP de Barouta, EEI de Milladoiro e nas escolas unitarias de Covas e Ortoño. O obxectivo principal desta actividade é fomentar a educación democrática e o respecto polas decisións tomadas pola maioría.
A hamburguesa consolídase como a opción preferida, repetindo vitoria por quinto ano consecutivo. Nesta ocasión, impúxose a outras alternativas como as albóndegas con arroz, a pizza, o churrasco con ensalada de froitos vermellos e o salmón ao forno. Pola súa banda, o xeado de vainilla superou a outras propostas como o iogur artesán de pexego, o xeado de polo, o flan e as fresas con nata.