A rede de Centros de Información á Muller (CIM) en Galicia, composta por 84 recursos, recibirá un total de cinco millóns de euros en axudas, segundo a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Estas achegas subvencionarán os gastos de persoal destes centros, incluíndo postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, persoal técnico e axentes de igualdade, entre outros perfís profesionais.
En canto á contía das axudas, cada concello poderá recibir un máximo de 52.000 euros, mentres que as solicitudes conxuntas poderán alcanzar ata os 120.000 euros. Ademais, concederase un adianto do 80% da achega outorgada.
O período de referencia para o desenvolvemento deste programa abarcará dende o pasado 1 de abril ata o 1 de marzo de 2027.




