O equipo do Rosalía alzou a súa segunda Copa Deputación consecutiva tras superar ao Arenteiro na quenda de penaltis (2-3), despois dun vibrante empate a catro goles.
A final da IV edición da Copa Deputación sénior feminina viviu unha xornada de moitos goles e emoción ata o último instante. A pesar das altas temperaturas, o encontro rematou 4-4, forzando a resolución desde os once metros, onde o Rosalía impúxose por 2-3.
O Arenteiro adiantouse cedo cun gol de Jaira, pero o Rosalía logrou igualar grazas a Sampayo. Antes do descanso, Candelita puxo o 1-2 para o Rosalía no tempo engadido, tras unha xogada pola banda dereita.
Ao comezo da segunda metade, Noui ampliou a vantaxe para o Rosalía (1-3), aproveitando unha descoordianción defensiva. Non obstante, o Arenteiro reaccionou con forza e en sete minutos igualou o marcador con tantos de Sara e Leti, establecendo o 3-3.
“"A final de Copa decidiuse outra vez do noso lado. Ante tantísimo calor e un rival intenso, sabíamos que nos custaría ata o final. É unha boa festa do fútbol feminino e espero que todos a gozaran e que siga crecendo. Volvemos gañar nos penaltis, pero o Arenteiro é un rival fantástico para este tipo de competicións."
O partido abriuse coas forzas xustas, e no tempo engadido, Leti puxo o 4-3 para o Arenteiro no minuto 94. Pero o Rosalía, no minuto 97, logrou o empate a catro grazas a un gol de Aldara nun saque de esquina, levando a final á quenda de penaltis.
“"Foi unha final moi competida e con moitísima calor. Creo que foi unha final bonita para o público, sendo moi disputada e ao final, na lotaría dos penaltis, non nos beneficiou a nós, pero aínda así foi un bo partido. Elas marcáronnos dous goles no desconto, un na primeira parte, que nos caeu como un xarro de auga fría e o outro na segunda, minuto 97, e báixache un pouco a moral. Aínda así, estou moi contenta co xogo das miñas xogadoras."
Na quenda de penaltis, a porteira do Rosalía, Karla, foi decisiva. Marcou o primeiro lanzamento e detivo outros dous, asegurando o segundo trofeo copero consecutivo para o seu equipo.