O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, reuniuse hoxe en San Caetano con Enmanuel Reyes Pla, boxeador de orixe cubana e afincado na Coruña.
Enmanuel Reyes Pla proclamouse recentemente subcampión de Europa na categoría de -90 Kg. Durante o encontro, Diego Calvo felicitouno tamén polo ouro conquistado nos últimos Xogos Mediterráneos.
O conselleiro lembrou que Enmanuel Reyes Pla é o único medallista olímpico do boxeo galego, logo de gañar o bronce nos Xogos Olímpicos de París 2024.




