O Concello de Santiago informa que a rúa de Sánchez Freire permanecerá pechada á circulación o xoves 3 de setembro, dende as 11:00 ata as 13:00 horas. A interrupción débese á necesidade de realizar tarefas urxentes de reparación por parte de Viaqua.
Como consecuencia deste corte, as liñas 5 e C2 do transporte urbano de Santiago experimentarán un desvío. Na súa viaxe de volta cara a Rocha, a liña 5 e a liña C2 desviaranse pola rúa Xosé Pasín e a avenida de Ferrol, para logo retomar o seu percorrido habitual na rotonda de Conxo.
Durante o horario do corte, quedará suprimida a parada número 575, situada en Sánchez Freire. As paradas alternativas máis próximas para os usuarios son a situada en García Prieto número 64 (antes do cruce con Xosé Pasín) e a do Campo de Conxo, preto do psiquiátrico.
O Concello de Santiago pide desculpas á cidadanía polas molestias que estas alteracións poidan ocasionar.




