Dende as 22:30 h do vindeiro domingo 30 de agosto e ata as 5:00 h do luns 31, os dous carrís de subida da avenida de Xoán Paulo II quedarán cortados á circulación. O motivo é a instalación dun guindastre para a realización dos traballos de montaxe dunha estación de recarga de vehículos no centro comercial.
A baixada da avenida de Xoán Paulo II manterase aberta en todo momento. O desvío alternativo a este corte será pola avenida de Rodríguez de Viguri e rúa das Cancelas.
O Concello de Santiago pide desculpas á cidadanía polas molestias que estas alteracións poidan ocasionar.




