O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases que regulan a concesión destas achegas, que buscan facilitar o descanso e a conciliación a persoas coidadoras non profesionais de persoas dependentes ou con discapacidade.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 15 de outubro. O programa ofrece tres modalidades de axuda: respiro no fogar, respiro nun centro de día ou respiro nunha residencia.
As contías das axudas son de 1.500 euros para estadías temporais en residencias ou de 1.000 euros para contratar servizos puntuais en centros de día ou atención no domicilio.
Esta orde de achegas ten carácter retroactivo, aplicándose desde o pasado 1 de xaneiro. As solicitudes presentaranse preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta, aínda que tamén se poderán cursar por rexistro.




