O dispositivo, que xa se está a tramitar, detectará automaticamente se un bebé permanece no asento unha vez rematado o traxecto e activará unha alerta. Funcionará sen necesidade de conexión a internet nin aplicacións móbiles.
A Consellería de Política Social e Igualdade prevé adquirir 40.000 dispositivos cun orzamento base de licitación de 1,35 millóns de euros. A Xunta busca así anticiparse á normativa europea que esixirá estes sistemas nos novos vehículos a partir de 2031.
O dispositivo entregarase de balde ás familias como parte da Cesta Benvida nos hospitais para os recentemente nados, e nos centros de saúde para os nenos menores de 2 anos, sen necesidade de solicitude previa.
“"Galicia vai ser pioneira ao entregar ás familias, de balde, un dispositivo de seguridade que alerta se detecta que un bebé quedou esquecido no vehículo."




