O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12.00 horas, no Salón de Plenos. Este venres, 30 de outubro, estará a unidade móbil de doazón de sangue en Cacheiras, ao carón do restaurante Pórtico, en horario de 15.30 a 21.00 horas.
Os únicos requisitos para poder doar son ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. É necesario almorzar e esperar dúas horas para acudir despois de xantar. As persoas doantes deberán identificarse coa súa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Ademais, haberá que informar ao médico se se está tomando algún tipo de medicamento.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, dependente da Consellería de Sanidade, mantén abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e despraza dez unidades móbiles. Estas doazóns son procesadas e analizadas nas dependencias centrais para enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos.
A unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Dispón dun teléfono gratuíto, o 900 100 828, para consultar dúbidas sobre a doazón e a localización das unidades móbiles.




