O persoal técnico de Augas de Galicia está a analizar o documento presentado polo concello para garantir o cumprimento dos parámetros técnico-legais necesarios. Unha vez completada esta análise, estableceranse posibles vías de colaboración entre as dúas administracións para financiar e executar a actuación.
A conselleira Ángeles Vázquez lembrou que a Xunta colabora dende hai anos cos concellos para apoialos na xestión das súas competencias en materia de saneamento. Esta colaboración inclúe achegas de financiamento e apoio técnico para acometer proxectos que, pola súa complexidade ou custo económico, serían difíciles de realizar unicamente con recursos municipais.
Ademais, a conselleira incidiu en que investir en infraestruturas hidráulicas contribúe á mellora dos servizos públicos, xa que proporciona á veciñanza un servizo de maior calidade, protexe os recursos hídricos e avanza cara a un territorio máis sostible.




