A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, visitou dous negocios deste municipio que recibiron 10.000 euros cada un para a contratación dunha traballadora por conta propia. Os establecementos son Cesta e Sabor e o centro de reflexoloxía podal Pés en calma, ambos financiados baixo a modalidade Emerxe do programa EMEGA.
No ámbito da comarca de Santiago, a distribución das axudas foi a seguinte: Santiago de Compostela concentrou nove iniciativas con 133.000 euros; Ames catro proxectos e 62.000 euros; Brión un e 16.000 euros; Teo dous e 20.000 euros; Val do Dubra dous e 18.000 euros; e Boqueixón tres iniciativas que sumaron 30.000 euros.
“"Cando apoiamos unha muller que decide poñer en marcha un negocio, estamos contribuíndo tamén a crear riqueza, emprego e novas posibilidades de futuro, especialmente nos concellos, onde cada iniciativa empresarial ten un impacto directo na dinamización da economía local."
A nivel provincial, a convocatoria de 2026 permitiu apoiar 135 iniciativas na Coruña cun financiamento conxunto superior aos 1,7 millóns de euros. O programa EMEGA conta cunha dotación total de 5 millóns de euros e articúlase arredor de catro liñas: Emerxe (ata 22.000 euros para novas empresas), Impulsa (ata 17.000 euros para reactivación), Innova (ata 42.000 euros para proxectos tecnolóxicos) e Concilia (ata 5.000 euros para compatibilidade familiar).




