Esta iniciativa, que contará coa participación das cantareiras e pandeireteiras María e Carme da Pontragha, está dirixida a familias que agardan un bebé ou que teñen fillos de entre 0 e 6 anos.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal. O prazo para anotarse remata o xoves 21 de maio, e as prazas asignaranse por estrita orde de chegada das solicitudes.
“"O programa Apego é un proxecto de dinamización lingüística dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos."
O principal obxectivo desta proposta é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, ofrecendo recursos e unha ampla variedade de actividades lúdicas, creativas e educativas para os máis novos.




