A intervención, que foi supervisada polo alcalde, Ángel Moldes, consistiu na ampliación da anchura do camiño, a súa pavimentación e a execución da sinalización horizontal. Segundo sinalou Moldes, esta actuación foi posible grazas á colaboración dos residentes, que cederon parte dos seus terreos de forma voluntaria.
O alcalde destacou que esta obra forma parte dos compromisos adquiridos polo Goberno local coa veciñanza e que impulsa melloras que repercuten directamente na calidade de vida. Lembrou as dificultades de acceso que existían na zona, que chegaron a impedir a entrada dunha ambulancia ou dun coche fúnebre.
“"A nosa prioridade é garantir que, ante calquera accidente, urxencia ou incendio, os veciños teñan a tranquilidade de saber que os vehículos de emerxencia poderán acceder ás súas vivendas sen dificultades"
Moldes explicou que o Goberno local está a priorizar investimentos para resolver problemas e atender necesidades pendentes en diferentes puntos do municipio, mellorando rúas e espazos que levaban anos sen arranxarse.




