A festa, xa consolidada no calendario festivo de Poio, ofrecerá unha ampla gama de cervexas, xunto con salchichas, codillos e hamburguesas a prezos populares, nun ambiente familiar e entre amigos.
A programación arranca o venres 2 ás 20.00 horas coas actuacións de GIN TONI’S e DJ ARROW. O sábado 3, a xornada comezará coa tradicional sesión vermú amenizada por Terapia de Grupo, seguida polas actuacións de DR SLUMP e DJ ARROW.
O alcalde, Ángel Moldes, e o concelleiro de Festexos, Fran Dasilva, destacaron a importancia da celebración para dinamizar Campelo e puxeron en valor a calidade dos produtos e a implicación da Asociación Cultural e Deportiva de Campelo na organización.
Moldes salientou o dinamismo asociativo de Poio e o traballo colaborativo entre veciñanza, tecido asociativo e Administración local para impulsar actividades que contribúen á dinamización social e económica do municipio.
Ademais, durante ambas as xornadas, entre as 20.30 e as 00.30 horas, haberá unha ludoteca para os máis cativos.




