A Xunta adxudica 54 vivendas de promoción pública en Pontevedra por 10,6 M€

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia adxudica a Construcións Ramírez S.L. a execución das obras na parcela 19 de Valdecorvos.

A Xunta adxudica 54 vivendas de promoción pública en Pontevedra por 10,6 M€

Xunta de Galicia · 2026-10-30

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) adxudicou a Construcións Ramírez S.L. a execución das obras para a construción de 54 novas vivendas de promoción pública en Pontevedra, cun investimento de 10.686.378,97 euros.

O consello de administración de Vipugal autorizou hoxe a adxudicación deste contrato para a construción dun inmoble na parcela 19 de Valdecorvos, cedida polo concello. O proxecto foi redactado por Alberto Quintáns Arrondo.
O edificio proxectado consta de dous sotos destinados a garaxes; planta baixa con cinco portais de acceso residencial, locais de instalacións, reserva para o almacén de contedores do lixo, cuartos de limpeza e rochos. Ademais, conta con oito plantas altas para uso vivenda e un ático para uso rochos.
O inmoble contará con 152 vivendas coa seguinte distribución:
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (30/10/2026)