A Xunta de Goberno local validou este xoves a sinatura deste acordo, que suma un total de 165.000 euros para o mantemento do albergue que a institución relixiosa xestiona na rúa Joaquín Costa.
Este centro, inaugurado en 2023, está destinado a persoas en situación de pobreza sen fogar e conta con 27 prazas, repartidas en 20 para homes e 7 para mulleres. A estancia máxima é de 21 días, prorrogable se os servizos sociais municipais o informan favorablemente.
Ademais, o Concello resérvase o dereito de uso de cinco prazas para atender situacións de emerxencia social que poidan xurdir.
“"Ademais de pernoitar, os usuarios do Albergue San Javier poden cenar e almorzar nas instalacións, que tamén lles garante as dependencias para o aseo, que é obrigatorio."
O albergue, denominado San Javier, tamén ofrece servizos de almorzo e cea, así como dependencias para o aseo persoal obrigatorio. O centro dispón dun servizo de ropero diario e dun sistema de información co obxectivo de facilitar a reinserción laboral e social dos usuarios.




