O acordo, que terá unha duración de catro anos, divídese en tres lotes principais. O máis significativo en canto a custo é a subministración de prendas de roupa para os diferentes servizos municipais, cunha partida de 206.125,68 euros.
Ademais, o contrato contempla a subministración de equipos de protección individual (EPI), cunha dotación de 131.798,70 euros, e a compra de calzado, que ascenderá a 90.176,16 euros.
Actualmente, o Concello de Pontevedra conta cun cadro de 477 persoas, entre funcionarios de carreira e persoal laboral, que se beneficiarán deste novo acordo de uniformidade.




