Este plan, cuxa elaboración foi adxudicada á empresa Forgal por 26.499 euros, define as medidas necesarias para garantir a equidade de xénero na administración, tanto no acceso a promocións como nas condicións laborais e formativas do persoal.
A tenente de alcalde, Eva Villaverde, confirmou este mércores que o documento inicia agora a súa tramitación administrativa para a súa aprobación definitiva no Pleno municipal. O texto contou co respaldo de CSIF, CGT e CIG.
O plan de igualdade é unha esixencia legal en España e o pacto coa maioría da Xunta de Persoal supón o primeiro acordo feito público polo Concello cos representantes dos traballadores no que vai de mandato.
Pola contra, Comisións Obreiras e o sindicato policial SSPME Galicia votaron en contra da proposta, mentres que UGT optou por ausentarse da mesa final de negociación.




