A mobilización, que tivo a súa saída e chegada na Alameda pontevedresa, centrouse nas rúas principais da cidade, a diferenza doutros anos nos que se achegaba á fábrica pasteira. O presidente da APDR, Antón Masa, cualificou de "moi bo" o momento actual da loita contra ambas as empresas.
No que respecta a Altri, a asociación considera que a Xunta cometería unha ilegalidade se aceptase as alegacións presentadas, polo que insisten na necesidade de arquivar definitivamente o proxecto. No caso de Ence, o colectivo ambiental supedita o desenlace da súa reivindicación histórica ás decisións da Comisión Europea.
“"Se a Xunta acepta as alegacións, cometería unha ilegalidade"
Esta protesta prodúcese despois de que a empresa presentase alegacións ao proceso de arquivo iniciado pola Xunta por falta de documentación, cando estaba a piques de vencer o prazo de tres meses. Nas súas alegacións, a multinacional defendeu a "autosuficiencia enerxética do proxecto".




