Manifestación contra Ence e Altri en Pontevedra

Centos de persoas reclaman o arquivo definitivo de Altri e o futuro da planta de Ence na Ría de Pontevedra.

Imaxe dunha manifestación polas rúas de Pontevedra.
IA

Imaxe dunha manifestación polas rúas de Pontevedra.

Centos de persoas percorreron esta tarde as rúas do centro de Pontevedra na marcha anual contra as factorías de Ence e Altri, convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) e a plataforma Ulloa Viva.

A mobilización, que tivo a súa saída e chegada na Alameda pontevedresa, centrouse nas rúas principais da cidade, a diferenza doutros anos nos que se achegaba á fábrica pasteira. O presidente da APDR, Antón Masa, cualificou de "moi bo" o momento actual da loita contra ambas as empresas.
No que respecta a Altri, a asociación considera que a Xunta cometería unha ilegalidade se aceptase as alegacións presentadas, polo que insisten na necesidade de arquivar definitivamente o proxecto. No caso de Ence, o colectivo ambiental supedita o desenlace da súa reivindicación histórica ás decisións da Comisión Europea.

"Se a Xunta acepta as alegacións, cometería unha ilegalidade"

Antón Masa · Presidente da APDR
Esta protesta prodúcese despois de que a empresa presentase alegacións ao proceso de arquivo iniciado pola Xunta por falta de documentación, cando estaba a piques de vencer o prazo de tres meses. Nas súas alegacións, a multinacional defendeu a "autosuficiencia enerxética do proxecto".