Dende a apertura dos postos ás 12:00 horas do venres, os asistentes puideron gozar das recoñecidas ostras de Arcade e dos viños albariños de Soutomaior, incluíndo marcas como Noelia Bebelia, María Vinyals e Quinta da Eiras. A xornada inaugural estivo amenizada polo concerto de música tradicional de “Chispas do Lérez”, enchendo a carpa do Peirao de Arcade.
A organización destacou a boa acollida da nova carpa, máis ampla e cun deseño que permite gozar das vistas da ría de Vigo dende o Peirao. Unha das novidades máis salientables foi o adianto da Experiencia Ostres, que presentou a ostra cociñada en diversas preparacións, buscando achegar este molusco a un público máis amplo.
Xente encantada coa carpa deste ano, máis ampla que a do pasado ano e cun salón fermoso co lateral da ría colocado de tal maneira que se pode desfrutar das vistas que nos ofrece o Peirao da ría de Vigo.
Entre os pratos ofrecidos na Experiencia Ostres, elaborados por Calidus Catering e liderados polo veciño de Soutomaior, Joaquín Lema, atopábanse a GHAMELA DE ULTRAMAR (ostra adobada en teriyaki con crema de aguacate e caviar de arenque), a CULLER ALVEDOSA (ostra crocante con delicias de mar, gamba e prebe tártaro) e o PETISCO DO PUNTAL (ostra en escabeche tradicional). Estas propostas estarán dispoñibles durante toda a fin de semana.
A programación continuou o sábado 4 de abril coa apertura das casetas e un pasarrúas de Imperiais. Pola noite, as orquestras Los Satélites e La Misión foron as encargadas de poñer a nota musical. Para o domingo 5 de abril, está previsto un pasarrúas coa BANDA ARTÍSTICA DE ARCADE e a BANDA CULTURAL DE ARCADE, a apertura das casetas de degustación ás 11:00 horas e o pregón a cargo de María Codesido García ás 13:00 horas. A xornada completarase coas actuacións de “Fernando Sánchez Jazz Quartet” e “Louband” no Peirao de Arcade.




