Segundo refire o investigador, a verxa, realizada nos talleres de 'La Industriosa' de Antonio Sanjurjo Badía a finais do século XIX, é unha peza "fundamental" para comprender "a importante evolución histórica do predio".
Con todo, explicou, a súa "exclusión como Ben de Interese Cultural (BIC) só a mantén na zona de amortecemento", sen unha declaración expresa da súa protección patrimonial.
Tal e como trasladou o denunciante, o servizo de seguridade descoñecía esta situación e elaborou un parte de incidencia para poñelo en coñecemento da dirección do Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA).
Ademais, adiantou que remitirá á Fiscalía provincial un escrito denunciando unha situación que, na súa opinión, "se podía prever" e que "pon de manifesto o desinterese da Xunta na recuperación da propiedade", así como a "falta de medios no referido á seguridade".




