A actuación tivo lugar na contorna da Illa de Onza e foi o resultado dunha operación conxunta entre a Unidade Operativa de Pontevedra e a Unidade Operativa dos Servizos Centrais. Os axentes contaron co apoio da patrulleira María Figueroa e da embarcación auxiliar do buque multipropósito Sebastián de Ocampo.
Durante as tarefas de inspección, os efectivos autonómicos detectaron a actividade ilícita e procederon a levantar unha acta de presunta infracción. Ademais dos 525 quilos de cría de bivalvo, os gardacostas incautaron unha embarcación auxiliar e outras ferramentas empregadas habitualmente para raspar a semente das rochas.
“"A extracción e comercialización irregular de produtos do mar prexudica gravemente o labor dos profesionais que traballan respectando a normativa legal vixente, ao tempo que supón un risco para a saúde e para a sustentabilidade dos ecosistemas mariños."
Desde o departamento autonómico lémbrase que este tipo de prácticas non só prexudican aos profesionais do sector que cumpren coa lexislación, senón que tamén representan un perigo para a saúde pública e para a conservación dos ecosistemas mariños.




