A iniciativa busca ser un punto de venda directa ao público e ofrecerá postos de balde para os obradoiros que forman parte da marca Artesanía de Galicia.
As persoas interesadas en participar deberán cubrir unha solicitude de inscrición e achegar documentación como certificados de estar ao corrente cos pagos da Seguridade Social e da Administración Tributaria, ademais de fotografías dos produtos que desexan comercializar (un máximo de cinco).
O prazo para presentar as solicitudes rematará o domingo 29 de novembro ás 20:00 h.




