Nun sector no que a confianza o é todo, Multiautos Ourense consolidouse como un referente na venda de coches de ocasión na provincia. O seu mellor aval son as valoracións dos seus propios clientes, que o sitúan no mellor puntuado de Ourense e un dos máis destacados de toda a comunidade galega.
Que hai detrás desa reputación? Sobre todo, tranquilidade. Os clientes destacan a seguridade que lles achega comprar con garantía de ausencia de accidentes e co certificado de quilómetros de cada vehículo. Son dous compromisos que eliminan as dúbidas máis habituais ao comprar un coche de segunda man e que converten cada operación nunha compra transparente e sen sorpresas.
“"Os nosos clientes saben que levan un coche revisado, coa garantía de que non tivo accidentes e cos seus quilómetros certificados. Esa tranquilidade é o que máis valoran, e é xusto o que levamos anos coidando."
A esa transparencia súmaselle un amplo stock de vehículos e distintas opcións de financiamento adaptadas a cada comprador. Acceso do catálogo sempre actualizado na súa web e unha ampla exposición de 1200m2 con máis de 100 vehículos na Ctra. Nacional 525, no Polígono Industrial de Barreiros (San Ciprián de Viñas) Ourense.




